Loader
Competencias dixitais

    Tipo Presencial

    Fecha 25 septiembre 2023 - 30 octubre 2023

    Horas 120

    Precio 0€

    MÁS INFORMACIÓN

    PRE-INSCRIPCIÓN

    COMPETENCIAS DIXITAIS

    Formación presencial GRATUÍTA para mulleres desempregadas ou en mellora de emprego impartido por persoal docente cualificado. Ó superar o curso, as alumnas recibirán un diploma acreditativo emitido pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade así como unha Tableta Android de regalo.

    Formación totalmente gratuíta

    Agasallo de Tableta Android ao culminar o curso

    Certificado emitido pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

    Requisitos:

    • Ser muller desempregada rexistrada na oficina de emprego ou ocupada inscrita en demanda de mellora de emprego.
    • Residir en A Coruña, preferiblemente en municipios con menos de 30.000 habitantes.
    • Dispoñibilidade en horario de mañá.

     

    Primeiras convocatorias abertas:

    25/09/2023 – 30/10/2023 Santa Comba, Edificio Multiúsos en horario de 09:00 a 14:00

    02/10/2023 – 06/11/2023 Santiago de Compostela, Aula de Recursos Galicia en horario de 09:00 a 14:00

    Para máis información sobre outras convocatorias e horarios, contacta connosco AQUÍ

     

    Se estás a buscar novas oportunidades laborais e queres fortalecer as túas habilidades dixitais, este curso é para ti!

    CONTIDOS

    COMPETENCIAS DIXITAIS BÁSICAS 40h

    Con esta formación poderás adquirir as competencias dixitais básicas que te permitan aproveitar as posibilidades que ten o acceso á información, o procesamento e uso para a comunicación, a creación de contidos, a seguridade e a resolución de problemas básicos.

    COMPETENCIAS DIXITAIS AVANZADAS 40h

    Adquirir as capacidades informáticas que permitan aproveitar a riqueza das novas posibilidades asociadas ás tecnoloxías dixitais.

    INICIACIÓN EN COMPETENCIAS DIXITAIS PARA O EMPRENDEMENTO 40h

    Nesta formación poderás adquirir as habilidades tecnolóxicas dixitais necesarias que promovan, faciliten e melloren a empregabilidade e o desenvolvemento de negocios existentes ou novos, promovidos por mulleres conciliando a súa vida familiar e profesional.

    * O curso completarase cun módulo de Igualdade de 5 horas do que quedarán exentas as alumnas que poidan acreditar telo superado en formación anteriores.