Tipo XORNADA PRESENCIAL
Fecha 14 noviembre 2024 - 14 noviembre 2024
Horas 3
Precio 0€
MÁS INFORMACIÓNCLAVES PARA A IMPLANTACIÓN DUN PLAN DE IGUALDADE
O próximo 14/11/2024 en horario de 16:00 a 19:00, terá lugar este Obradoiro formativo, enmarcado dentro do programa FAINO EN SANTIAGO.
A localización escollida será nas instalacións de CERSIA Empresa situadas na rúa Rúa do Alcalde Raimundo López Pol, 15707 Santiago de Compostela.
Nesta formación, ofrecémosche as claves necesarias para elaborar e implantar un plan de igualdade na túa empresa ou entidade, cumprindo coa normativa vixente en materia de igualdade de xénero.
A formación está dirixida a persoas responsables de Recursos Humanos, departamentos de xestión, persoal directivo, ou calquera persoa interesada en promover un entorno laboral máis equitativo.
Tanto se a túa empresa ten a obriga legal de implantar o plan, como se desexa facelo de forma voluntaria polo seu compromiso coa igualdade ou para acceder a licitacións e subvencións públicas, esta formación dotará ás persoas participantes das ferramentas e coñecementos necesarios para garantir o cumprimento dos requisitos legais.
Os principais obxectivos son: entender a normativa vixente sobre igualdade de xénero, identificar as necesidades específicas da empresa ou entidade, coñecer os pasos para a elaboración e implementación efectiva dun plan de igualdade e, finalmente, comprender as vantaxes competitivas e sociais que este pode ofrecer. Ademais, analizaranse casos prácticos e facilitaranse recursos para que cada participante poida adaptar o plan de igualdade á súa realidade organizativa, fomentando un espazo de traballo onde a igualdade de oportunidades e o respecto sexan eixos fundamentais.
Accede á información das accións formativas GRATUÍTAS promovidas dentro do programa FEITO EN SANTIAGO e da Axenda Urbana 2030.
Consulta a temática a abordar en cada unha delas, modalidade de impartición, datas e horarios… e inscríbete dende a WEB de FAINO EN SANTIAGO.